UNICEF, no Museo do FC Barcelona

Por Laia Ruich, Responsable de Comunicación de UNICEF Comité Cataluña

Na antesala do Camp Nou, 1.500 metros cadrados de novas tecnoloxías, emoción e valores. O Museo do Barça é o máis visitado de Cataluña e o terceiro de España. Autodenomínase un museo de experiencias: tecnolóxico, con movemento, colorido e con espazos traducidos a 33 idiomas.  

Neste gran museo dedicado á historia deste club centenario, hai un pequeno gran canto, inaugurado a semana pasada, onde, á parte de portarías, goles e abrazos entre xogadores, tamén hai sorrisos, esforzo e dereitos: os dereitos da infancia.UNICEF, que dende 2006 conta coa colaboración do FCB,ocupa un lugar destacado no novo espazo da Fundación blaugrana, que rende homenaxe ás alianzas, programas e accións solidarias do club. Unha proxección audiovisual sobre37 cubos plasma os valores que unen á Fundación doFCB con UNICEF e outras organizacións como a de Bill&Melinda Gates Foundation, a Fundación Pés Descalzos ou a Fundación Leo Messi. As palabras Solidariedade, Respecto, Responsabilidade, Igualdade e Honestidade aparecen proxectadas en grandes dimensións, acompañadas de imaxes do traballo deUNICEF no mundo en desenvolvemento. Imaxes que recordan que o reto é grande, pero que o traballo para garantir os dereitos da infancia conseguecambiar a vida de millóns de nenos en todo o mundo.