UNICEF apoia a volta á escola dos nenos sirios en Iraq

Por Chris Niles, UNICEF

Imaxina o que é estar todo o día de brazos cruzados, co trauma do que sufriches e a incerteza do que está por chegar.

"Quedo na tenda todo o día", di Silva, de 20 anos, con tristura. Esta non era a vida que planeara. Antes de verse forzada a fuxir de Sirya a causa do conflito, estaba no seu segundo ano de universidade.

A tenda familiar é pequena. Ten unha alfombra no chan e os colchóns de escuma amoréanse nas paredes. A posibilidade de continuar os seus estudos en Iraq é remota, debido ao elevado custo anual da matrícula, que non pode permitirse. Intentou conseguir un traballo para axudar á súa familia, pero os intentos resultaron falidos.

"Espero volver a Sirya para rematar a universidade", di ela. "Non teño oportunidade de estudar aquí".

A irmá de Silva, Heba, de 13 anos, está nunha escola apoiada por UNICEF no campamento de Baherka.
 
UNICEF apoia a escolarización de 5.000 nenos na rexión de Erbil

UNICEF está a apoiar aescolarización de máis de 5.000 nenos na rexión de Erbil. En Baherka, están a recibir educación máis de 800 nenos.

A escola ten dúas quendas cada día. "Vai moita calor", di Heba, quen afirma que lle encanta a escola e de maior quere ser doutora.

Kinda, de 16 anos, non estivo fóra da escola moito tempo. A pesar do conflito, seguía asistindo á escola en Sirya ata que a súa familia decidiu fuxir hai unhas semanas. Bota de menos as pequenas cousas.

"Na casa tiña moitos libros e música", di. "Pero non podíaos traermos ao vir a Iraq".