Tifón en Filipinas: "Non houbo nada comparable"

Por Maya Igarashi Wood, Oficial de Emerxencias UNICEF Asia e Pacífico

Nos últimos meses tivemos a tempada de monzóns en Asia e o Pacífico. Como membro do equipo rexional de emerxencias de UNICEF, estiven a avaliar inundacións e tifóns en moitos países (como parte da resposta de UNICEF e os gobernos). E non obstante, aterrorizoume a magnitude do super tifón que golpeou Filipinas a semana pasada, e impactáronme as súas consecuencias. Non houbo nada comparable nin sequera, se sumo o impacto noutros países, ao longo deste ano.

 

 

Tifón en Filipinas: "Sabiamos que seria grave"

Dende principios de setembro, cando estalou o conflito nos pobos costeiros próximos á cidade de Zamboanga, ao sur de Filipinas, o noso equipo de emerxencias preparou o seu apoio técnico e coordinouse coa oficina de UNICEF en Filipinas e o seu responsable de emerxencias en Cotabato, Nonoy. Un mes despois, un terremoto de magnitude 7,2 golpeou Visaya, preto da cidade de Bohol, e afectou a 3,2 millóns de persoas. Seguimos o mesmo proceso: recompilar e analizar a información dispoñible, contactar co responsable de emerxencias para obter a perspectiva dende o terreo, e establecer as medidas e a acción deUNICEF. E logo, un mes despois daquilo, o super tifón Haiyan segou varias provincias do centro de Filipinas. A diferenza das dúas emerxencias anteriores,sabiamos que sería grave antes de que acontecese. Empezamos a coordinarnos coa oficina para a preparación de subministracións e o despregamento de persoal. Nada máis pasar o tifón, o responsable de emerxencias, Nonoy Fajardo xa estaba nun avión de camiño á área máis afectada, Tacloban. Aínda que o goberno de Filipinas e UNICEF teñen unha ampla capacidade e experiencia para afrontar emerxencias, está claro que tanto a devandita capacidade coma os recursos se viron superados por esta situación de tres emerxencias consecutivas. Por iso,UNICEF decidiu mobilizar a todas as súas oficinas a nivel mundial. Con todos os medos e preocupacións, comezou a nosa primeirasemana frenética tras a devastación. Dous compañeiros do meu equipo foron enviados a Filipinas, e os demais comezamos coas nosas tarefas. Mantivemos reunións e chamadas día e noite para comunicar a información máis recente e coordinar a nosa resposta entre as diferentes oficinas: canta xente estaba afectada?, cantos nenos? Onde? Cales son as súas necesidades? Quen está dispoñible paraapoiar á oficina de UNICEF en Filipinas e coordinar a nosa resposta con outros aliados humanitarios e o Goberno? Cando poden voar a Filipinas? Cales son as mellores maneiras de pedir axuda para os nenos e as súas familias?

AxUDA a Filipinas: UNICEF LIDERA A PROVISIÓN DE AugA POTABLE e SANEAMENTO

Sobre a base destas conversacións, cada un dos nosos departamentos traballou ao máximo para apoiar a resposta no terreo. Neste momento as necesidades inmediatasson comida, refuxio e auga, saneamento e hixiene. Delas, UNICEF é a axencia que lidera a provisión de auga potable e saneamento axeitado ás persoas afectadas. O noso especialista rexional en auga e saneamento voou a Manila a principios de semana para coordinar a resposta deUNICEF en varias áreas afectadas.As subministracións de auga e saneamentoxa están a chegar á xente afectada en varios lugares. Falei co noso experto, Chander Badloe: "o equipo de UNICEF de auga e saneamento no terreo está a facer un gran traballo para identificar as necesidades e mobilizar as subministracións". Non obstante, admite o continuo reto que supón chegar a todos aqueles que o necesitan, debido aos problemas loxísticos, o crecente problema da seguridade e os entullos nas estradas. As nosas actividades de asistencia empezaron, coa distribución de artigos de auga e saneamento ás áreas afectadas. A nosa asesora rexional de emerxencias, Carmen vanHeese, é prudente: "Hai áreas ás que ninguén chegou. Hai moito que non sabemos aínda", díxome. "Seguiremos recompilando información eloitando para apoiar a resposta de UNICEF e os nosos aliados no terreo de todas as maneiras posibles". A punto de rematar a primeira semana, teño sentimentos encontrados. Por un lado, estou máis tranquila ao saber que máis subministracións de emerxencia de UNICEF están a chegar á xente afectada, especialmente aos nenos. Pero por outro lado, as necesidades son abafadoras e gustaríanos e necesitariamos facer moito máis. Prepárome para outra semana frenética.

Axuda a Filipinas: como colaborar cos nenos e familias afectadas

 

Se queres colaborar nesta emerxencia, podes facelo:

A través da nosa web.
 
Enviando un SMS* coa palabra UNICEF ao 28028
 
Chamando ao 900 907 900
 
Nas seguintes contas bancarias:
 
BBVA          0182 2370 40 0208517159
Caixabank  2100 5731 70 0200005001
Santander  0049 1804 16 2610410756
Banesto      0030 8301 78 0000046271
ING Direct   1465 0100 95 6000000000
 
* CUSTO DA MENSAXE 1,20 € ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone,Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF n.atn.clte:902080900