Tifón en Filipinas: "Non é necesario avaliar máis. Necesitan todo"

Por Nonoy Fajardo, especialista en emerxencias e redución de riscos de desastres de UNICEF

Levo traballando en emerxencias máis de 15 anos, epensaba que xa o vira todo. Pero chegar aTacloban por vía aérea o luns, como parte dun equipo de avaliación de Nacións Unidas, foi un shock. Mentres o avión rodaba pola pista nua, puiden ver lama e ruínas -só lama e ruínas- onde unha vez houbo árbores e edificios e todos os sinais dunha vida normal. Si, aínda había unha pista asfaltada, pero era todo o que había alí: unha pista. Todo o que antes estaba dentro dos edificios da terminal agora estaba fóra, e todo o que unha vez estivo fóra agora estaba dentro, mesmo un tramo de escaleiras. Dixéronnos que evitásemos as partes dos edificios en ruínas porqueaínda había corpos entre os entullos, onde os traballadores do aeroporto buscaran refuxio. A estrada dende o aeroporto antes atravesaba unha liña depobos pesqueiros que bordeaban a costa. Agoradesapareceron por completo.Seguramente foi un erro, pero mentres iamos ao Concello contei os corpos que viamos. Parei no número 100. Os mortos estaban tendidos aí, entre grupos de superviventes que deambulabanatordados. Non quedou ningunha estrutura intacta. Mesmo os edificios de formigón máis grandes e fortes estaban danados. Había unha calma arrepiante mentres camiñaba arredor do concello. Como nas outras emerxencias nas que traballei, esperaba actividade, convois de camións pasando. Pero non había nada: nin teléfonos soando, nin atafego,nin movemento; só xente atordada arrastrando os pés e tratando de encontrar axuda e provisións.

Tifón en Filipinas: trauma, medo e frustración 

Fun ao centro onde estaban os superviventes para falar con eles. Mesmo antes de que abrisen a boca, vin nos seus ollos otrauma, o medo e a frustración polo que acababan de pasar. Un home mirou o meu teléfono satélite e díxome: "úsao para pedir axuda e conseguirnos comida". Só podo chegar a imaxinar a fame e o desespero que un pai debe sentir cando non pode alimentar os seus fillos. E que hai dos nenos que perderon os seus seres queridos e non teñen a ninguén que se preocupe por eles? Preocúpome por tantos nenos que dende hai días teñen tan pouco. Os camións de UNICEF chegarán nos próximos días con artigos esenciais para os nenos e as súas familias. Dixéronme que quede e traballe coas autoridades locais e nacionais para distribuílos inmediatamente. Espero que isto axude. Despois de atravesar a cidade, informei os meus compañeiros de Manila coa pouca cobertura que conseguín neste lugar que encontrei.Non é necesario avaliar máis. Esta xente perdeu todo. Necesitan todo.

Axuda a Filipinas: como apoiar a os nenos e familias afectadas

Se queres colaborar nesta emerxencia, podes facelo:

A través de nosa web.
 
Enviando un SMS* coa palabraUNICEF ao 28028
 
Chamando ao 902 31 41 31
 
Nas seguintes contas bancarias:
 
BBVA          0182 2370 40 0208517159
Caixabank  2100 5731 70 0200005001
Santander  0049 1804 16 2610410756
Banesto      0030 8301 78 0000046271
ING Direct   1465 0100 95 6000000000
 

* CUSTO DA MENSAXE 1,20 € ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone,Orange e Yoigo. Número sen fins comerciais. Operado porUNICEF n.atn.clte:902080900unicef.es. Información legal e protección de datos: unicef.es