Sudán do Sur: a tormenta perfecta

Blog de Ricardo Pires, UNICEF en Sudán do Sur. 

Estiven en Sudán do Sur durante case dúas semanas como parte do equipo de comunicación de UNICEF para apoiar a resposta á crise, que se agravou rapidamente no país máis novo do mundo. Entender o contexto e o atoamento da axuda humanitaria no terreo nunca é sinxelo, a menos que un se somerxa profundamente na cultura dun país, na súa historia e a súa xeografía. Á miña chegada a Jubaos postos de control militares déronme, de inmediato, unha idea clara do tenso da situación. Durante o traxecto do aeroporto ao meu aloxamento, nun coche doPrograma Mundial de Alimentos (PMA), os soldados paráronnos varias veces. Pedíronme que abrise a miña equipaxe, preguntáronme que traballo faría alí e en ningún momento mostraron ningunha simpatía polos obxectivos da miña misión. Despois de estar en Zambia durante un mes e medio antes de aterrar en Juba - e debido á miña chegada un tanto turbulenta - non estaba moi seguro de por onde empezar, pero con só camiñar polo recinto da misión de paz de Nacións Unidas en Sudán do Sur (UNMISS), tíveno todo máis claro.

Sudán do Sur: a crise dos nenos

Polo menos 21.000 persoas desprazadasviven dentro da área de protección civil, a maioríanenos, nun espazo físico que foi deseñado para acoller a metade. A calor de 43 graos acaba de facer todo aínda máis abafador. Inmediatamente vin en cores vivas e cun forte son o alcance dos retos do futuro. Sudán do Sur é a crise dos nenos. Non afecta a toda a poboación? Ben, talvez si, pero este conflito ten moitas cuestións particulares que poden ser catastróficaspara os máis vulnerables. Os nenos e as súas familias enfróntanse a un sufrimento sen precedentes - con claros signos graves de desnutrición e de enfermidades graves. Por riba de todo está o conflito. É a tormenta perfecta. O sono de Sudán do Sur como unha nova nación corre o risco de converterse nun pesadelo para os seus fillos. Un dos problemas máis inmediatos, co inicio das chuvias cada vez máis preto, é a hixiene nos campamentos. Acólera é unha grande ameaza e a sospeita (por sorte non confirmada) dos casos en Tomping, xa levantou a alerta. Tomei unha foto dunha nena xogando en torno a un pequeno estanque de auga sucia sen ser consciente do perigo ao que se estaba a expoñer. A formación é a clave para previr un desastre, pero tendo en conta o elevado número de desprazados internos, a situación é moi preocupante.E agora a inseguridade alimentaria é tamén unha realidade inminente.