Sirya: Canto terror é suficiente?
Por Raquel Fernández, directora de Comunicación de UNICEF España
Hai cousas que se din con moi poucas palabras, pasan rápido no papel, a pantalla ou a conversación, e esa velocidade parece quitar importancia á cousa, porque 'pasa' en menos dunha ducia de palabras. Por exemplo: 4 millóns de nenos afectados pola guerra de Sirya. Dez palabras que encerran a nenos esmagados polo terror, a morte, a violencia, a orfandade, a fuxida no medio da noite a outro país, ou a falta de auga, comida e medicamentos.
4 millóns, 800.000 máis que a poboación total de
Madrid. Imposible que unha cifra conte o horror de cada
neno que morreu ás mans dunha guerra no século XXI, de cada neno
que nestes momentos sobrevive dentro de Sirya e de cada neno que
fuxiu deixando atrás a súa vida para converterse en refuxiado
noutro país.
Non hai palabras. Todos os adxectivos se quedan curtos para describir a traxedia imposta á poboación civil de Sirya.
E aguerra segue.
A DIMENSIÓN DESTA CRISe SUPEROu TODAS AS PREVISIóNS
Aí estamos a loitar as organizacións humanitarias para
que, dentro e fóra de Sirya, todos os afectados poidan
recibir unha asistencia humanitaria básica, que é o seu
dereito. E aí están gobernos e veciños doutros países que facilitan
o traballo, achegan e axudan aos refuxiados.
Pero a dimensión desta crise superou todas as previsións. En só catro días da semana pasada 20.000 sirios entraron no norte de Iraq fuxindo do desastre. Case a metade eran nenos. Nun ano, o campo de refuxiados deDomiz, no Kurdistán iraquí, triplicou a súa poboación. Estes dous datos ilustran o ritmo de crecemento das necesidades humanitarias.[]
E a guerra segue. Por moito terror que cegue ou mate a
infancia de millóns de nenos, a guerra segue.
UNICEF non ten fondos abondo para garantir a axuda a todos os nenos que sofren as consecuencias desta barbaridade dentro e fóra de Sirya.
Cando acontece unha emerxencia como esta, podemos actuar con rapidez grazas ás achegas regulares de socios e outros doadores, pero se a crise humanitaria crece, se agrava e se prolonga no tempo, a necesidade de fondos tamén aumenta e prolóngase: para poder chegar a todos todo o tempo que faga falta. Por iso necesitamos a túa axuda. Grazas.
Para máis información sobre o traballo de UNICEF dentro de Sirya e nos países que acollen refuxiados, pica aquí.
Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto** coa palabraUNICEF ao 28028, ou realizando a súa contribución en www.unicef.es/siria
** O custo íntegro para usuarios de Movistar, Vodafone eOrange é de 1,20 euros e irá integramente a UNICEF. Resto, consulte co seu operador, custo máximo 1,45 euros. Contribución máxima 1,20 euros. Número curto sen fins comerciais. Operado por Alvento n.atn.clte:902887786 alvento.es