Sirya: axudar aos nenos a superar o conflito

Post de Lorena Cobas, Responsable de Emerxencias de UNICEF España

"Nenos, non vos pelexedes, imos, dádevos un abrazo e facede as paces". Cantas veces repetimos frases como estas aos nosos fillos, sobriños, netos... e, de súpeto, veslles xogando e rindo xuntos outra vez.

Esta escena, que para nós é normal e natural, é posible cando a pelexa é por quen come a última gominola ou quen xoga co coche verde. É posible porque estes nenos non cargan cunha pesada mochila de experiencias violentas na súa memoria e no seu corazón.

Non obstante, como facer isto mesmo cun neno que leva tres anos vivindo nun conflito como o de Sirya? A frase: "facede as paces" teñen un sentido moi diferente cando os nenos sirios incorporaron nas súas vidas o son das bombas na porta da súa casa, a violencia como xeito de relacionarse. Cando viron como se mataba xente ao seu arredor, ás veces mesmo a amigos e membros da súa familia.

os nenos de Sirya perderon todo o que tiñan

É difícil poñerse na pel destas nais que intentan que os seus fillos non queden marcados pola guerra, cando elas mesmas o están. Cando moitos tiveron que fuxir das súas casas ás agachadas, co que levaban posto e moito medo. Cando perderon todo o que tiñan, as súas casas, os seus xoguetes, xa non van á escola, e moitos perderon ata os seus sonos de futuro.

En UNICEF sabemos que se non apoiamos as familias para que os nenos curen estas cicatrices invisibles, corremos orisco de que haxa toda unha xeración perdida. Agora é o momento de redobrar os nosos esforzos evitalo, para que os nenos que sofren esta guerra recuperen os seus sonos e a súa felicidade, e así cando sexan adultos teñan a capacidade de ser os verdadeiros axentes da reconciliación na rexión.

E tamén sabemos que aclave é a protección e aeducación. Educación para que teñan os coñecementos, capacidades, valores cívicos e de convivencia para a reconciliación nunha sociedade danada pola violencia. E protección porque para iso teñen que sentirse seguros e superar os traumas do que viviron antes de que a guerra lles fixese crer que a violencia é normal e antes de que caesen nos horrores dun conflito tan doloroso.

educación e protección, clave para os nenos de sirya

UNICEF traballa cos seus aliados nestas dúas áreas dende que empezou o conflito e hai algúns avances. Durante o 2013 demos acceso a programas derecuperación psicosocial a máis de 660.000 nenos. E durante os últimos meses a campaña devolta á escola estivo no centro da nosa estratexia, actualmente máis de 465.000 nenosestán matriculados.

Pero aínda hai máis de2,2 millóns de nenos en Sirya fóra do colexio. Entre os refuxiados a situación non é mellor porque 7 de cada 10 nenos non poden estudar.

Queremos apoiar os nenos sirios, para que tamén poidan "facer as paces", para que poidan superar os traumas, para que sexan axentes de recuperación e así non repliquen no futuro o tráxico presente. Por iso en UNICEF renovamos e reforzamos o noso compromiso coa educación e a protección, e porque estamos convencidos de que facelo é posible.