" Por que me fixen socia de UNICEF?: Sempre pensei que era a miña obriga colaborar"

Post de Soledad Pelegrín, socia de UNICEF España
 
Son socia de UNICEF Comité Español dende hai máis de vinte anos. Sempre pensei que era a miña obriga colaborar. Tiven a sorte de caer en "esta parte" do mundo.
 
Tomei a decisión cando naceron as miñas fillas. Buscaba unha organización con proxección mundial e que non estivese ligada a ningunha relixión. Isto para min era esencial. Busquei e decidinme por UNICEF. Traballan cosnenos e coas súas nais, axudan a todo tipo de comunidades e son os que sempre estánna brecha.

Non faltan guerras, catástrofes, fames... Polo menos podo pensar quecolaboro en algo. Encántanme as fotos daRevista de Socios cheas dealegría e de ganas de vivir.

Chamáronme varias veces de UNICEF para darme as grazas pola miña colaboración, pero son eu a que ten que estaragradecida por ter a oportunidade desentirme orgullosa.

Soledad Pelegrín é unha dos máis de 272.000 socios con que conta UNICEFComité Español, dos que uns 41.000 se uniron neste ano que toca á súa fin. Os socios son o corazón deUNICEF. Vós contribuídes a cambiar a vida de millóns de nenos en todo o mundo. Grazas a tod@s!