A pequena Malala de Tombuctú

Post publicado en elmundo.es

"Comprométome a traballar incansablemente para recuperar o tempo perdido". A pequena Fadimetou de 12 anos vive en Tombuctú e é a voceira da súa escola, Ben Bahadou Abubakar.

 

Hai uns días, durante a cerimonia de lanzamento da campaña 'Volta á escola', mentres os habitantes da zona cantaban e bailaban vestidos coas súas mellores galas,Fadimetou alzou a voz: Queremos a paz no mundo, queremos unha educación de calidade, servizos desaúde axeitados, un comedor escolar para que a fame xa non sexa un obstáculo para a educación de ningún neno. Si, queremos máis libros, materiais emobiliario escolar, aulas eprofesores. Queremos un mundo adecuado para os nenos porque un mundo axeitado para nós é un mundo xusto para todos". Como consecuencia do conflito en Malí, uns 800.000 nenos tiveron queinterromper os seus estudos. A crise nutricional e as inundacións foron outras pedras no camiño para a súa educación. Moitos deles víronse forzados a fuxir do conflito no norte. Co corazón cheo de orgullo o seupai, Sidi Mohamed Dicko, alcumado coloquialmente 'Sergou', diríxese cara á súa filla conbágoas nos ollos e a voz entrecortada pola emoción. Abrázaa con todas as súas forzas. El, que nunca tivo a oportunidade de asistir á escola. "Hai 50 anos a escola non era para nós. Os nosos pais pagaban subornos para inscribirnos, laméntase. Hoxe en día eríxese como embaixador da escolarización das nenas e fai especial fincapé: "A escola é un don de deus".

Malí: Nenos vulnerables aos ataques

Na casa, asegúrase de axudar aos seus fillos todos os días cos deberes. Dado que a educación no fogar é complementaria á recibida na escola, Sourgou impón restricións ás súas fillas. "Nada de ver a televisión nos días lectivos! Só un bo traballo durante a semana merece unha recompensa para o fin de semana de descanso fronte á pequena pantalla". Debido ao conflito que afectou o norte de Malí, Sourgou viuse obrigado a enviar hai un ano a Faty, a súa filla maior, de 14 anos, a estudar a Bamako. Segundo el, "os nenos sonvulnerables aos ataques. Afastar temporalmente a miña filla das vicisitudes de Tombuctú protéxea dos abusoscometidos polos grupos armados contra asmulleres". A campaña de 'Volta á Escola' alcanza a 1.500 escolas e500 centros de aprendizaxe para a primeira infancia repartidos nas nove rexións do país. Máis de500.000 estudantes e 9.000 profesores beneficiaranse, con especial atención a aqueles cuxa educación foi interrompida e afectada polas distintas crises que Malí sufriu. Entre elas está Fadimetou, a pequena Malala de Tombuctú. Unha nena que promete seguir alzando a voz para defender a educación de todos os nenos en Malí por enriba dos conflitos, porque sabe que é a chave para pechar ese inxusto ciclo da pobreza. Escrito por Ismail Maiga eCindy Cao, de UNICEF en Malí.