Os nenos refuxiados de Sirya

Por Pau Gasol, embaixador de UNICEF España

Post publicado no blog 3500 Millóns de El País

A finais de xullo estiven no norte de Iraq coñecendo a realidade dos nenos de Sirya que agora viven como refuxiados noutro país. Tras esta experiencia, poucas situacións se me antollan tan duras para un neno como sufrir unha guerra no seu país: ver morrer persoas ás que queren, vivir a violencia o terror de bombas na súa escola ou no seu barrio, fuxir no medio da noite con nada máis que o que a familia poida cargar sobre os seus ombros ou un coche, entrar noutro país en busca de auxilio e depender da axuda humanitaria para poder seguir vivindo.

 
Isto é o que sufriron os nenos que coñecín en Iraq. En moitos deles, a mirada e o xesto falan sen palabras e con moita claridade da dor que lles persegue. Contan que unha bomba próxima ou un ataque á porta de casa levou á familia a escapar e, se lles preguntas que queren para o futuro, isto é o que din: "que remate a guerra e que poidamos volver á nosa escola".

De feito, hai nenos que non queren ir ás aulas do campo de refuxiados, porque o que queren é volver á SÚA escola. Mentres, os seus pais, armados de fortaleza e de amor polos seus fillos, loitan por unha estabilidade que garanta que teñen para comer, crecer sans e ir á escola, que é o que tiñan antes da guerra.

O campo de refuxiados que visitei,Domiz, segundo me explicaron, levantouse na primavera de 2012 coa previsión de acoller 15.000 persoas, pero agora hai máis de 45.000 dependendo da axuda humanitaria neste campo e estanse a abrir novos campamentos. Fóra deles hai miles de sirios que se establecen en cidades, como a familia Abdallah, coa que estiven en Dohuk. Non teñen medio de vida e as organizacións humanitarias non poden chegar a todos eles porque non saben onde están a maioría destas familias.

Nas últimas semanas seguín as noticias que falan dunha grande ondada de refuxiados chegando a Iraq, e dunha guerra que segue adiante. Escoitei aos máximos responsables de UNICEF e deACNUR dicir que é unha vergoña que xa haxa un millón de nenos de Sirya que viven como refuxiados. 
 
As necesidades son tan grandes que as axencias humanitarias das Nacións Unidas fixeron omaior chamamento da súa historia.Hai máis de catro millóns de nenos afectados, dentro e fóra de Sirya. Pregúntome cal será o seu futuro...de aqueles que xa cumpren máis de dous anos de guerra dentro do seu país, dos que se converterán en adultos nun campo de refuxiados, e daqueles aos que a axuda humanitaria non está a chegar.

É desvastador o que segue acontecendo en Sirya, alguén ten que protexer a súa xente e os seus nenos. Este conflito debe rematar. E aínda cando remate, que futuro espera os nenos que sufriron esta guerra? Poderán regresar ao seu país? Seguirán como refuxiados noutros países? Esquecerán algunha vez o terror e as carencias que viviron?