Os mozos sirios no campo de refuxiados de Za'tari explican ás familias a importancia da educación

Por Toby Fricker, UNICEF

No campo de refuxiados de Za'atari, en Xordania, hai un grupo de 30 nenos de entre 12 e 15 anos cunha importante misión: convencer o resto de nenos de que regresen á escola.

Unha desas nenas é Mozoun, de 14 anos. Co resto do grupo, percorre o campamento coa misión de promover a educación entre os nenos do campamento e as súasfamilias.

Mouzon chega ata unha casa móbil onde unha muller está a colgar roupa xunto aos seus fillos. Está tan entusiasmada que as palabras lle saen da boca en torrentes. Está decidida a facer oír o que ten que dicir.

Mozoun defínese como unha embaixadora da educación no campamento. "Amo a educación, e estou convencida da súa importancia", di Mouzon. "Síntome feliz, porque xa dei os primeiros pasos para axudar a que os nenos regresen a clases".
 

No CAMPO HAi UNS 30.000 NenOS EN iDADe ESCOLAR

No campo de Za'atari residen uns 30.000 nenos en idade escolar, polo que a misión deste grupo non é doada. Por iso, os dirixentes relixiosos do campamento colaboran co equipo de estudantes.

Abu Omar, un dos imáns do campamento, difunde a mensaxe sobre o valor da educación na mesquita onde oficia, que funciona nunha casa móbil. "Hai algo que debo recordalos, anuncia no seu sermón ante o centenar de persoas presentes: "A educación fai posible que conquisten ata os seus obxectivos máis ambiciosos".

En épocas de crise, ir á escola ofrece aos nenos non só seguridade, senón a posibilidade de gozar dunha pausa nos problemas que os rodean. Na escola, os alumnos recuperan en certa medida a normalidade nas súas vidas e esperanza para o futuro.

AS FAMILIAS TEMÍAN PoLA SEGURIDADe DoS seus fIllOS No CAMIñO á ESCoLA

A pesar da importancia que ten para os nenos ir á escola,o ano pasado reducíronse as taxas de asistencia a clase no campo. Unha das diversas razóns desa redución foi o temor das familias pola seguridade dos seus fillos, especialmente das nenas, durante o traxecto entre os seus fogares e as escolas.

E é que algúns nenos, como Duha, de 11 anos, teñen que camiñar máis de dous quilómetros para chegar á escola máis próxima. Co fin de protexer os nenos e calmar a ansiedade dos pais, establecéronse puntos de reunión onde os estudantes se encontran e camiñan xuntos ata as súas escolas acompañados por unha mestra.

"Dese xeito poden ir e volver do colexio sen problemas", explica Mustafa, o pai de Duha. "Agora síntome moito máis tranquilo e podo dedicarme a outras cousas".

ASISTINDO A clase, os nenos non están na rúa

Noutras familias, a educación non é unha cuestión prioritaria nestes tempos difíciles. "Cando chegamos aZa'atari, esquécesenos completamente a escola debido á situación en que viviamos", comentaAbu Raed, pai de sete fillos. "O que máis nos preocupaba era manternos informados sobre o que sucedía en Sirya".

Non obstante, un díaMozoun e as súas compañeiras visitaron a familia de Abu Raed, a quen lle impresionou moito o que lle contaron. "Cando viñeron a vernos, explicáronnos que tiñamos que enviar aos nenos á escola", contaAbu Raed. "Primeiro, porque así non están sempre na rúa. E segundo, porque así non perden o curso, aprenden e reciben os seus diplomas".

Mohamed, un dos fillos de Abu Raed, é un dos 11.396 nenos que se inscribiron nas tres escolas do campamento de Za'atari. Mohamedespera ansiosamente o comezo do novo ano escolar. "Cando o meu pai me inscribiu na escola sentinme feliz. Xa non terei que estar na rúa", explica.