O poder dun SMS ou dun tuit

Por Raquel Fernández, Directora de Comunicación de UNICEF España

Cada día facemos centos de xestos -pequenos, grandes, por unha razón e por outra- pero quizais non somos conscientes do que eses xestos significan na vida dun neno. Constantemente estamos a pedir a miles de persoas que fagan cousas: que envíen un SMS, que difundan información ou campañas a través das súas redes sociais, que asinen unha petición, que participen en actividades que organizamos ou que se fagan socios desta organización entregada á infancia. E miles de persoas fan unha ou varias destas cousas.

 

En UNICEF sentimos unagradecemento moi profundo cara a cada unha destas persoas, e por igual, porque cada un dos seus xestos ten unhas consecuencias reais para os nenos que viven nas condicións máis difíciles da terra. A suma de miles de SMS, xunto con outro tipo dedoazóns, alcanzan, por exemplo, estes resultados para os nenos castigados pola guerra de Sirya:
 

  • 1.086.218 vacinados contra o sarampelo dentro Sirya +1.367.651 na rexión.
  • 10 millóns de persoas con acceso a auga potable dentro de Sirya e 312.710 nos países que acollen refuxiados.
  • 396.545 nenos dentro de Sirya e 268.611 na rexión con acceso a apoio psicosocial.
  • 289.928 dentro de Sirya e 176.061 en países veciños matriculados en programas de aprendizaxe.


Isto non sae da nada.Fan falta moitos recursos e un grande equipo profesional parapoder cubrir necesidades de millóns de persoas. E, como acontece con todas as cousas, se os que poden poñer os recursos para atallar unha situación non coñecen esa situación, farán nada, nin sequera pensarán en facelo porque descoñecen a realidade sobre a que poderían actuar.

Cambiar realidades todos os días

Informar publicamente sobre esa realidade e difundila, logra que unha sociedade enteira, e os seus órganos lexislativos e executivos, saiban que existe tal oucual situación: un tweet, un artigo nun xornal, unha noticia nunha web, un post nun blog, unha entrevista na radio, un correo electrónico, unha reportaxe en televisión... calquera forma de difusión estará a contar unha realidade e conseguirá dúas cousas: que todos aqueles que lean ou escoiten poidan ser conscientes dunha situación (ás veces dramática para millóns de persoas) e que, quen poida e queira, contribúa a cambiala. E conséguese cambiar realidades todos os días. Con firmas que reclaman cambios en políticas e leis, conSMS que se transforma en axuda humanitaria, con doazóns regulares que sosteñen programas de desenvolvemento a longo prazo e intervencións inmediatas en emerxencias, con reportaxes en medios de comunicación que denuncian duras realidades que permanecían ocultas, con tuits que amplifica o altofalante dos dereitos da infancia ou que difunden campañas para que máis xente participe...cada un destes xestos, xigante ou minúsculo pero todos importantes, move polo menos unha peza no crebacabezas queconstrúe oportunidades de supervivencia e de desenvolvemento para un neno, unha nena, para mil, dous mil, 300.000, un millón, varios millóns...estas vidas son a suma deses xestos.Grazas