O pacto que queremos en UNICEF

Que se pedimos un pacto aos partidos políticos? Por suposto que si. Un pacto pola infancia. Un acordo social e político centrado en blindar os dereitos de todos os nenos e nenas. Un pacto que se centre na mellora do investimento en políticas de infancia e familia, a loita contra a pobreza infantil e a aposta por unha educación inclusiva e de calidade que atenda as aínda altas taxas de fracaso e abandono escolar no noso país. 
 
É algo que vimos propoñendo desde 2014, xunto a outras organizacións de infancia e da sociedade civil. Agora, no comezo desta lexislatura, e ante a eventualidade de pactos de goberno aínda en discusión, ábrese unha valiosa xanela de oportunidade para alcanzar acordos ao redor destes e outro temas craves para os dereitos dos nenos. 
 
Tras unha análise dos programa electorais de cinco partidos nacionais (1), constatamos que só dous deles, PSOE e Podemos, mencionan un pacto pola infancia. Catro deles fan referencia a medidas específicas contra a pobreza infantil e propoñen un incremento substancial de fondos para a Axuda Oficial ao Desenvolvemento
 
Ademais, tres dos partidos analizados, PP, PSOE e Cidadáns consideran unha prioridade os plans de infancia. Onde hai unanimidade é no tema da educación. Os cinco partidos analizados fan referencia a un pacto ou un amplo acordo social e político pola educación, incluíndo a importancia da educación de cero a tres anos.
 
Cremos, por tanto, que hai oportunidades para os acordos, para a mellora (que é urxente) dalgúns temas clave, non só para os propios nenos, senón para as súas familias e  o benestar de todos. Oportunidades para loita contra a pobreza infantil,  para a mellora da calidade e equidade da educación no noso país, e para reforzar a presenza dos nenos e nenas neste novo parlamento, mediante mecanismos permanentes de traballo sobre os temas que lles afectan.  
 
As necesidades e os dereitos da infancia deben ser protagonistas neste momento político, neste momento de pactos. Non desperdiciemos a ocasión.
 
(1)Analizamos as propostas electorais de PP, PSOE, Podemos, Cidadáns e  UP/EU.
 
Post de Gabriel González-Bo, especialista en políticas de infancia de UNICEF España