Iemen, a miña primeira vez nun país en guerra

É a primeira vez que estou nun país en guerra.
 
Cheguei a Iemen o pasado 13 de outubro e neste tres meses de traballo vivín en primeira persoa escenas que antes só lera en novelas ou visto en películas de guerra: colas á espera de recibir o pan ou a auga, pais que pretenden que os seus fillos non sintan preto os bombardeos e pensen que a guerra é invisible...
A vida segue con certa normalidade en Sanaa, pero o ruído diario dos avións mantennos alerta. Os nenos de Iemen só entenden que as súas familias están asustadas, que non poden ir á escola nin saír á rúa, que non hai traballo nin comida, nin sequera electricidade ou auga. Co obxectivo de tentar reducir o impacto negativo de todo iso sobre a infancia, en UNICEF traballamos a través do cinco sub-oficinas que temos no país.
 
Lembro un día de sol que saímos á rúa para ver como se repartía a auga na capital, unha acción que se realiza unha vez cada dúas semanas. Parecía unha xornada tranquila, sen ruído de avións. Chamoume a atención acor pálida de todos os nenos que esa mañá saíron por fin das súas casas a tentar recoller a maior cantidade de auga posible en cubos.
 
Eran nenos con tez esbrancuxada, con ojeras, moi delgados. Nenos e nenas que viven encerrados en casas de dimensións reducidas. Ante os meus ollos presenciei unha imaxe que me produciu sensacións estrañas: unha escena bonita porque xogaban coa auga e, á súa vez, impactante pola expresión da cara deses nenos que puñan fin ao seu peche durante os minutos nos que estivo aberto a billa no seu barrio da capital iemení.

EN ieMEN, PARA A INFANCIA, TAMÉN EXISTE A GUERRA

Aquí non funciona o sistema de saúde, nin o escolar, aínda que unha parte das escolas do país abriron o 1 de novembro. Tampouco existe a posibilidade dun desenvolvemento normal para os nenos e nenas, por agora. En Iemen, para a infancia,tamén existe a guerra. Unha guerra que causatraumas e un estado de shockdifícil de superar.
 
A través das persoas que traballan no programa de apoio psicosocial, coñecemos historias de nenos e nenas conpesadelos, cuxo único espazo para abstraerse da guerra son eses espazos protexidos que desde UNICEF, coa extensa rede de contrapartes, pomos á súa disposición.
 
As dificultades para estabilizar o fluxo das importacións complica aínda máis a situación xa que, en Iemen, o 90% da comida e o combustible son importados. A distribución da axuda humanitaria é tamén complicada; hai zonas do país ás que o acceso se realiza con dificultade. Isto fai que as condicións de vida de moitas persoas estean a verse cada vez máis afectadas.
 
Trátase dunha guerra moi complicada e tácticamente complexa. Unha guerra que está a afectar gravemente os dereitos da infancia. Unha guerra que oxalá atope solucións máis pronto que tarde.
 
Post escrito por Meritxell Relaño, representante adxunta de UNICEF en Iemen