A grandeza das persoas

Por Raquel Fernández, Directora de Comunicación de UNICEF España

Hai unha constante, repetida cada día da miña vida, na casa, na rúa, no traballo: a grandeza das persoas. Vivimos rápido, arrástrannos as circunstancias e a sobreinformación. Pero sempre está aí, todos os días saltan exemplos desa grandeza, anónima ou pública, pero a mesma, igual de grande nuns casos e outros. Non caben nun post, así que serán moitos, porque non se pode quedar escondida, non pode pasar desapercibida, non podemos non ver o que realmente somos, o que está na esencia dos seres humanos.  

O meu compañeiroAndrés Conde fala moito da grandeza das persoas, porque nestes tempos tan difíciles, hai socios de UNICEF que nos contan o esforzo que lles supón manter o seu apoio, pero o seu compromiso é tan forte que quedan no paro e pasan necesidades peroresístense a deixar de contribuír á loita pola supervivencia, o desenvolvemento e a protección dos nenos.Hai moitos casos. Hoxe resumo un neste parágrafo. É unha señora, socia de UNICEF hai máis de dúas décadas, ten máis de 65 anos e quedou soa, sen traballo nin pensión. E non quere, non quere, non quere deixar de ser socia desta organización...grandeza. É unha honra, un privilexio, un orgullo, contar con persoas desta calidade, socios e non socios. E é grazas a elas que conseguimos cousas como levar otratamento contra a desnutrición a 527.000 nenos, só no Sahel, só no que vai de ano. Son vidas salvadas que, grazas a persoas como esta señora teñen unha oportunidade. Este é o mundo, desgarrador, inxusto, desordenado, pero estas son as persoas: grandes. No seu corazón, a súa alma, ou onde queira que estea aloxada a grandeza que nutre o exercicio dos valores humanos. Non podemos permitir que pase desapercibida.