A fuxida dunha familia siria para buscar refuxio en Iraq

Por Chris Niles, UNICEF.

Shereen ten 25 anos e é nai de dúas fillas: Yasmine, de 2 anos, e Ayenda, de sete meses. Shereen está preocupada pola máis pequena porque ten diarrea.

 

 

Shereen, as súas dúas fillas, a súa irmá, o seu cuñado e os seus catro sobriñosforon dos primeiros en cruzar a fronteira siria cando se abriu fai pouco máis dun mes. A súa casa é agora unha pequena tenda no campo de refuxiados de Kawergosk. "É moi, moi diferente vivir aquí", conta Shereen. Non é o mundo que coñezo, tiven que saír del".

Shereen conta como o conflito se lles ía aproximando a ela e a súa familia, e empezaban a quedar sen comida. Cando chegou a oportunidade de vir ao Kurdistán iraquí, así fixérono. Ao igual que decenas de miles de persoas, camiñaron durante horas ata alcanzar á fronteira, onde chegaron só co posto. Dende que se abrira a fronteira a metade de agosto, uns 60.000 sirios cruzaron a Iraq, converténdose en refuxiados.

Kawergosk é un dos varios campos que se construíron en resposta a esta emerxencia. É un fogar temporal para unhas 17.000 persoas. UNICEF e os seus aliados traballan para dar resposta a esta crise, subministrando 500.000 litros de auga potable ao día, e apoiando a clínica que MédicosSin Fronteras abriu esta semana para tratar nenos como Ayenda. Ademais, estase a levar a cabo unha campaña de promoción dos hábitos de hixiene, para que, a pesar das altas temperaturas e de ter que compartir as infraestruturas, as familias poidan manterse sas.

Ter a súa familia arredor axuda a Shereen a lidar con esta situación, pero anhela a comodidade da súa antiga vida. "O máis importante é ter unha vivenda axeitada", di.

Non obstante, e a pesar das dificultades, está feliz de que os seus fillos estean agora lonxe do conflito. Cando se lle pregunta polo futuro, quere dúas cousas: paz e volver á casa. "Pero desexo isto non por min, senón polos meus fillos", di.