España: un paso máis en protección infantil

Post de Gabriel González-Bueno, Responsable de Políticas de Infancia de UNICEF España.
 
Xa é oficial. España depositou o pasado 3 de xuño ante Nacións Unidas o Protocolo Facultativo da Convención sobre os Dereitos do Neno relativo a un procedemento de comunicacións, despois da súa ratificación polo Parlamento. É o terceiro protocolo facultativo que se elaborou a partir da CDN tras os relacionados cos nenos en conflitos armados, e a venda de nenos e explotación sexual.
A importancia deste protocolo, de nome un pouco abstracto, radica en que, a partir da súa entrada en vigor,individuos (incluídos nenos) e organizacións poderán denunciar directamente aoComité dos Dereitos do Neno vulneracións dedereitos individuais producidos nos propiosEstados. Trátase dun procedemento que non estaba contemplado na Convención.

Así, aCDN, aínda que con certas limitacións, se pon á altura doutros tratados de dereitos humanos que permiten este procedemento de denuncia.

A comunicacións deberán ser por escrito e ben fundadas, ademais de esgotarse os procedementos legais no país (salvo nos casos de risco inminente ou atraso inxustificado neses procedementos). Ademais,non poderán ser anónimas, aínda que o Comité dos Dereitos do Neno protexerá a identidade dos comunicantes. O Comité tamén poderá, en casos graves ou de violacións sistemáticas de dereitos, iniciar un proceso de investigación activa destas violacións.

Este terceiro protocolo foi asinado o 28 de febreiro de 2012 por España, e ratificado posteriormente polo Congreso (en decembro de 2012) e o Senado (en marzo de 2013). España é o sexto país que o ratifica, peroo Protocolo non entrará en vigor ata os tres meses despois de que se deposite a décima ratificación, polo que haberá que esperar un pouco para a súa entrada en vigor.

Á espera diso, non hai dúbida de que esta opción de comunicar as vulneracións de dereitos ao Comité supoñerá un paso adiante máis para a protección dos nenos e nenas en España.