Escolas 'nómades' para os nenos de Kenya

Por Lorena Cobas, Responsable de Cooperación e Emerxencias de UNICEF España

En moitas rexións do norte e nordés de Kenya, a poboación é nómade e desprázase co gando, que é o seu medio de vida, o que leva consigo que os nenos non poden asistir á escola. UNICEF encontrou o xeito de que estes nenos estean escolarizados e non se lles condene a permanecer no círculo da pobreza: as escolas móbiles.

A escaseza de chuvias nos últimos anos fai máis difícil conseguir auga e pasto para o gando, polo que os desprazamentos das poboacións nómades están a aumentar. Ademais a causa da emerxencia,máis de 500.000 nenos tiveron que abandonar os seus estudos.UNICEF está a instalar escolas móbiles na rexión, que literalmente acompañan ás comunidades nos seus desprazamentos para que os nenos poidan seguir estudando, aínda que sexa debaixo dunha árbore. Dedícanse sobre todo ao ensino preescolar (de 3 a 5 anos) e cada escola ten un profesor que se despraza coas familias, co apoio da comunidade. O gran reto destas escolas é garantir non só o acceso senón a calidade da educación. UNICEF está a poñer todo o seu empeño en formar estes profesores, para ademais de apoiar o seu labor, promóvase o acceso á educación dos nenos da comunidade. Unha vez máis o exercicio de escoitar e observar a vida das familias, para encontrar solucións alternativas que se adapten á súa realidade, está a funcionar. Esperemos que a combinación entre as escolas móbiles e o apoio aos internados, evite o abandono das escolas nesta rexión tan castigada.