EMI 2014: datos e superpoderes

Post de Blanca Carazo, Responsable de Proxectos de Cooperación de UNICEF España.

 
Algunha vez pensaches que che gustaría ter algúnsuperpoder? Saber voar, ler a mente, teletransportarte, viaxar no tempo, ser invisible... Serinvisible? Si, probablemente sexa divertido durante un anaco, pero ao cabo de non moito tempo, como te sentirías se ninguén che vise, ninguén se decatase da túa existencia, ninguén contase contigo? Xa non soa tan agradable, non cres?

En UNICEF encántannos as ilusións e os sonos, e, non obstante, ou quizais por iso, nos propoñemos que ningún neno, que ningunhanena, sexa invisible. Porque creemos imprescindible que todos os nenos conten. Só así, contando con todos os nenos, e, dende logo, tendo especial coidado en contar cos máis vulnerables, poderemos facer que se cumpran todos os seus dereitos.

Para que todos e cada un dos 2.200 millóns de nenos que hai no mundo conten, dedicámonos a aprender sobre eles, a saber deles, como viven, que lles preocupa e que lles mantén sans e felices, queriscos enfrontan e quenecesidades teñen. Por iso, dende hai 30 anos preguntamos, investigamos, recollemos datos, analizámolos e difundímolos.

E esesdatos, que poden parecer números fríos e aburridas curvas estatísticas, convértense, utilizándoos ben, en focos brillantes que denuncian inxustizas, en chaves máxicas que abren portas á esperanza, ou en mapas do tesouro que indican por onde avanzar cara a un mundo mellor para os nenos do mundo.

Saber que 18.000 nenos menores de 5 anos morren ao día no mundo por causas evitables, e tamén que esa cifra era moito maior hai uns anos, dános a forza para reclamar recursos e vontades que aseguren vacinas, atención sanitaria e unha alimentación axeitadapara todos os nenos.
 

Saber que en Níxer só un 39% dos fogares en zonas rurais teñen acceso a auga potable, fronte a un 100% dos fogares en zonas urbanas, indícanos a necesidade de programas que aseguren a cobertura nesas zonas rurais e ás familias máis pobres.


Saber que enRepública Democrática do Congo, en 2010, só un 28% dos nenos foron rexistrados ao nacer, o que significaba que o 72% restante non existía oficialmente e estaba privado de todos os seus dereitos e completamente desprotexido, levou á posta en marcha dun plan de acción. O devandito plan, coa participación da comunidade, logrou nun distrito, e en só 6 meses, un aumento do 6% ao 41% de nenos rexistrados.

 

MILLóNS DE NenOS e NenAS QUE CoNTAN

Moitos exemplos como estes significan millóns de nenos e nenas que xa non son invisibles, millóns de nenos e nenas que contan. Osdatos e as estatísticas son o primeiro paso, unha vara máxica que, cos conxuros axeitados, pode permitir que Amina, refuxiada siria, vaia áescola; que Ruth, en Costa de Marfil, non sexa sometida amutilación xenital feminina; ou queAntonio, enGuatemala, reciba os coidados necesarios grazas a que o seu Goberno aprobou un Plan de Loita contra a Desnutrición Infantil.

Grazas aos datos, moitos nenos e nenas deixan de ser invisibles. O que significa, claro, que ademais de iluminarnos cos seus sorrisos, nos reclaman un mundo no que estean a salvo e protexidos. Para logralo, haberá que seguir conxurando a pobreza, a inxustiza e a desigualdade con firmeza, vontade e perseveranza. E con datos.

UNICEF presentou recentemente o seu informeO Estado Mundial da Infancia (EMI) de 2014 en cifras. Todos os nenos e nenas contan. Revelando as disparidades para impulsar os dereitos da nenez. Nel ínstase a realizar un maior esforzo e impulsar a innovación para identificar e abordar as brechas que impiden que os nenos máis desfavorecidos de entre os 2.200 millóns que hai no mundo gocen dos seus dereitos.