Diario dende Sirya: nenos testemuñas da violencia

Juliette Touma, unha traballadora humanitaria regresa a Damasco un ano despois da súa primeira viaxe, para encontrarse unha situación de extremo sufrimento.

Fun por primeira vez a Sirya no verán de 2012 coa Misión de Supervisión das Nacións Unidas. A pesar dos combates, puiden viaxar por todo o país. Visitei pobos nos que a vida humana desaparecera por completo, e camiñei entre casas derrubadas polo lume.


Coñecín a xente que me contou historias de profunda miseria, medo, desprazamento, morte, asasinato, tortura, secuestros e desaparicións forzosas. Abandonei Sirya en agosto do ano pasado, pero Sirya nunca me abandonou a min. O pensamento de volver sempre foi unha constante.

 
“Teño moito sono, aquí sempre hai moito ruido"
A semana pasada, volvín a Sirya, esta vez conUNICEF, e comprobei como as cousas empeoraran dende a miña anterior viaxe. A destrución era, esta vez, indescritible.

Nunha escola de Damasco, convertida agora nun centro para desprazados internos, coñecín unha nena de 8 anos chamada Shadi.Shadi é unha unha das 4,25 millóns de persoas que se viron obrigadas a abandonar as súas casas para escapar da violencia da guerra.

Shadi agárrame a man firmemente e lévame a un cuarto pequeno, onde me presenta a Shirine, unha voluntaria da Media Lúa Vermella. Co apoio de UNICEF, a Media Lúa Vermella está a ofrecer terapia artística aos nenos cuxo mundo se virou do revés debido ao conflito.

"Aquí hai nenos que seguen falando de morte, nenos que foron testemuña do arresto, agresión, e mesmo morte de membros da súa familia", me conta Shirine. "O traballo que facemos aquí debuxando, facendo teatro, con música e con deportes fainos sorrir de novo, aínda que sexa un anaco.

Fóra, no patio do colexio, algúns nenos xogan coa pelota. Rida, de 5 anos, está de pé, só, sen integrarse co grupo. "Teño moito sono, aquí sempre hai moito ruído, sempre estou canso. Boto de menos o meu pequeno cuarto en Dera'a. Agora non podo usala, porque a bombardearon," dime.
 
Shadi me agarra la mano firmemente y me lleva a una habitación pequeña, donde me presenta a Shirine, una voluntaria de la Media Luna Roja. Con el apoyo de UNICEF, la Media Luna Roja está ofreciendo terapia artística a los niños cuyo mundo se ha vuelto del revés debido al conflicto.
LoitANDO PARA SUbMINISTRAR O MÁiS BÁSICO

Os centos de miles de familias desprazadas polo conflito sirio necesitan axuda humanitaria urxente.UNICEF axuda a proporcionar auga potable segura, servizos de saneamento, escolas, vacúas, e espazos nos que os nenos poidan recuperarse do horror da guerra. Trátase dalgúns dos elementos esenciais para que os nenos e as súas familias poidan vivir con dignidade, ata que quizais algún díapoidanrefacer os seus fogares- e as súas vidas.