Crise de Sirya: o futuro dunha xeración está en xogo

Post de Lara Aparicio, voluntaria de UNICEF España

Vexo tres nenas recibindo clase xunto a un home cunha arma a non máis dun metro delas.

Pero se me fixo con máis atención, vexo que están sentadas diante dunha parede que non hai moito recibiu fortes impactos de metralla, xusto no mesmo lugar onde o fotógrafo Niclas Hammarström, Foto do ano UNICEF 2013, retratou esta escena.

Véxome a min mesma, de pequena, sentada xunto a elas nese pupitre. E é entón cando empezo a sentir o frío e o medo que podían sentir esas nenas.

Medo porque están nunha rúa dunha cidade que está en guerra, porque probablemente a escasos metros haxa tiroteos. E porque hai un home armado ao seu lado.

Frío porque están en plena rúa e a xulgar por como van abrigados seguro que a temperatura é máis baixa do que podemos imaxinar.

Estes nenos da imaxe, dos que non coñecemos o seu nome, están a pasar a súa infancia, unha das etapas máis importantes da vida, rodeados de balas e bombardeos. Unha etapa que debería ser felicidade e xogos estase a converter en anos de violencia e medo.

Educar no medio dunha rúa, no medio dunha guerra

Preto de 3 millóns de nenos siriostiveron que abandonar os seus estudos. Nenos que se enfrontan diariamente a colexios destruídos ou pechados debido aos constantes ataques. Calcúlase que 1 de cada 5 escolas deixou de funcionar en Sirya. Algunhas veces, como no caso desta imaxe, improvísanse as clases. "Ese día, como non había calefacción na aula, sacaron os bancos á rúa porque ía máis calor. Isto non pasa todos os días porque as escolas permanecen pechadas durante os bombardeos", conta o fotógrafo premiado. Aínda que pareza mentira, as tres protagonistas da imaxe tiveron sorte de poder aprender cousas novas aquel día. Non obstante, o conflito impide saber se esta escena se poderá repetir ou non. Os nenos de Sirya están a crecer sen escola, están a crecer na incerteza. E o máis grave é que estes nenos serán os encargados dereconstruír o seu país cando crezan. Poñerán todos os seus esforzos en facelo pero, se se lles segue privando dun dereito tan esencial como é a educación, o resultado non será o mesmo. Se estás a ler isto e te estás a preguntar se hai algo quepodes facer, alégranos poder dicirte que si. É unxesto sinxelo pero significativo. Unha simplefirma para evitar que seperda unha xeración de nenos sirios e o seu futuro.