Crise de Sirya: manter os nenos protexidos das armas

Por  Kumar M Tiku, UNICEF en Sirya. 

"Mantédevos sempre atentos a calquerasinal ou indicio que suxira a presenza deexplosivos na vosa veciñanza", di Nahid, profesora de ximnasia nunha escola deDamasco (Sirya).Un grupo de 20 alumnas escoita atentamente mentresNahid describe os explosivos emunición sen explotar dos que os nenos teñen que ser conscientes para permanecer seguros.Nahid pertence ao primeiro grupo de profesores de catro provincias sirias que completou ocurso de UNICEF sobre educación enriscos. "Estes nenos estánexpostos a explosivos ebombardeos todo o anaco", declara Nahid.UNICEF, en colaboración co Ministerio de Educación ealiados non gobernamentais desenvolveu un programa de educación en riscos e apoio psicosocial, que chega a200.000 nenos en colexios, clubs escolares e espazos amigos da infancia. O obxectivo é proporcionar formación en riscos aos nenos a través do sistema escolar, establecendo un grupo de formadores a nivel nacional e provincial. O apoio cobre a formación dos profesores, o desenvolvemento de materiais educativos -incluíndo un kit do profesor- e a execución de actividades para proporcionar apoio psicosocial nos espazos amigos da infancia.Rihab, profesora, di que está feliz por que o seu colexio sexa un dos primeiros en Damasco que empezou estas clases especiais. O barrio onde se encontra sofre bombardeos frecuentemente. Polo menos dúas veces por semana, os morteiros caen na zona. "Xusto onte,un morteiro caeu fronte á escola en horas de clase", di Rihab.

Durante un período de 6 meses, cada un dos 55 formadores será responsable de capacitar 300 profesores. Como parte da campaña, UNICEFtraballará con outras ONG para difundir os materiais (posters e folletos cos riscos dos explosivos remanentes de guerra) entre os nenos e as comunidades de máis difícil acceso. Nun país devastado por un conflito intenso durante os últimos 3 anos, os nenos están constantementeexpostos aos horrores da guerra.Nahid di que aínda que as autoridades puxeron sinais de "perigo" en varios lugares importantes de Damasco para axudar aos cidadáns a identificar posibles riscos como artillaría sen explotar, non hai unha verdadeira conciencia do que estes sinais significan. Mediante o uso de materiais como diapositivas e fotos pegadas nas paredes da aula, os estudantes reciben un "tour visual" dos explosivos que deben evitar.Manal, unhaestudante de secundaria, encontrou información para comprender como manter seguros a outros e a ela mesma. "Unha das cousas que aprendín foi comoidentificar un obxecto sospeitoso", conta. "Entón debía poñer un sinal ao lado do obxecto para alertar os demais de que non o tocasen, antes de informar as autoridades e pedirlles axuda,".*Los nomes dos estudantes foron cambiados para protexer a súa identidade.