8 de marzo: hoxe buscamos "nenas" en Google

O 8 de marzo,  Día Internacional da Muller, pode ser un bo día para facer un experimento. Só hai que buscar a palabra "nenos" en Google e ver os resultados da primeira páxina. A continuación faise o mesmo coa palabra "nenas". Os resultados poden ferir a sensibilidade de quen o ve, pero iso non é o máis importante: o grave é que o que realmente danan é a dignidade das nenas, a metade da poboación infantil do mundo.

"Neno" ou "nena" son só palabras e lingüisticamente, en castelán, enténdese que unha contén á outra. Non obstante as palabras tamén son reflexo da cultura, os hábitos sociais e a filosofía das persoas que as utilizan. Google é só unha máquina e retrata o que buscamos: para moita xente as nenas sonbarbies, cocinitas e abuso sexual. As nosas buscas retrátannos mellor que as nosas palabras.Afortunadamente, ao ser parte do problema somos parte da solución: Tes un blog? Participas en redes sociais? Cada vez que escribas a palabra "nenas" enlázaa a unha web que fale do que realmente son: seres humanos protexidos pola Convención sobre os Dereitos do Neno(e da nena). Podes mesmo enlazala a este post, para que máis xente sexa consciente. Feliz Día da Muller!