230 millóns de nenos borrados dun plumazo

Post de Marta Arias, directora de Sensibilización e Políticas de Infancia de UNICEF España

Publicado no blog de El País 3.500 millóns.

 
Vivimos rodeados de datos que reflictenprioridades sociais e políticas. Non é de estrañar, polo tanto, que un dos empeños dunha organización comoUNICEF sexa o de visibilizar a infanciaprecisamente nas estatísticas. E o de medir, de forma máis concreta, que está a pasar nas súas vidas, como evolucionou a situación de nenos e nenas no mundo nos últimos anos e que grandes retos nos quedan por asumir. Encontrámonos ante unha circunstancia perfecta para facelo, posto que este ano celebramos o25 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, a través da cal 193 gobernos asumiron compromisos moi concretos ao respecto. Que pasou neste tempo?

Pois, como adoita acontecer, os datos revélannos luces e sombras. Luces que se miden en vidas salvadas, tantas como 90 millóns de nenos e nenas que sobrevivironao seu 5º aniversario (e que non o terían feito de manter as taxas de mortalidade infantil de 1990). En nenos e nenas escolarizados ou nunha reduciónda desnutrición crónica dun 37%dende 1990.

Pero, con todo o seu esplendor, estas luces non alcanzan a iluminar as sombras que aínda axexan, 25 anos despois, a vida de millóns de nenos e nenas, e que supoñen un fracaso colectivo. De todos os datos que podería mencionar, hai un que me segue impresionando e que vén moi ao caso do tema co que dei comezo ao post: existen no mundo uns230 millóns de nenos que non figuran en ningunha estatística, porque oficialmente nin sequera existen.Nunca foron rexistrados, negándolles con iso un dereito básico á identidadee á protección que esta lles pode outorgar. Esta cifra equivale a case o 10% dos 2.200 millóns de nenos que viven en todo o mundo. 230 millóns borrados dun plumazo.
 

ESTADO MUNDIAL DA INFANCIA 2014

Para poñer de manifesto esta realidade,UNICEF publica hoxe o informe Estado Mundial da Infancia en cifras 2014, que por primeira vez non trata de forma monográfica un tema concreto, senón que se centra precisamente na importancia de dispoñer de datos para, a partir deles, poder avanzar na realización da Convención.

O informe pon de manifesto tamén algo do que se está a falar moito ultimamente: o profundo panorama de desigualdade que se esconde detrás das estatísticas. Así, os nenos máis pobresteñen case tres veces menos posibilidades de recibir atención especializada no momento de nacer, en comparación cos nenos que viven nos quintís máis ricos. Ou, seguindo co caso do rexistro de nacemento, tan só o 4% dos nenos máis pobres enTanzania son rexistrados ao nacer, en comparación co 56% dos máis ricos.

A boa noticia é que, se ben os datos non cambian por si sós a realidade, é innegable que, ben utilizados, fan o cambio posible. Nun só ano, a porcentaxe de nenos rexistrados ao nacer pasou do 6% ao 41% nun distrito de República Democrática do Congo, despois de que as enquisas impulsadas por UNICEF puxesen os baixos niveis de rexistro a nivel estatal no punto de mira da atención social e política do país.

O 25 aniversario da Convención é unha oportunidade perfecta para recordar que fixemos unha promesa a 2.200 millóns de persoas, todos eles contan e están a esperar a nosa resposta.