Tres meses despois do comezo do curso escolar, máis de 380.000 nenos seguen fóra da escola no norte de Mali

Fai tres meses que empezou o curso escolar, pero máis de 380.000 nenos de entre 7 e 15 anos seguen fóra da escola debido á inseguridade nas zonas do norte de Mali nas que empeorou no últimos catro anos, informou UNICEF. 

"Os nenos no norte de Mali coñecen moi ben o impacto do conflito, a pobreza e a miseria," explica Fran Equiza, representante de UNICEF en Mali. "A educación é a súa maior esperanza para o futuro".
 
Máis de 280 escolas, ou 1 de cada 6, están pechadas nas zonas afectadas polo conflito no norte de Mali, moitas destas desde fai xa tres anos consecutivos despois de sufrir danos, destrución, saqueos ou tomadas polas partes enfrontadas. En Kidal, unha das zonas máis afectadas, 79% das escolas permanecen pechadas. O traxecto cara a ou desde a escola segue sendo perigoso, e o medo ás minas sen estalar e outros restos da guerra forzou aos pais para manter aos seus fillos lonxe das escolas.
 
A violencia tamén derivou na ausencia de mestres. Case 600 docentes fuxiron das zonas de conflito e non acoden ás escolas debido á situación de inseguridade.
 
UNICEF está a axudar a devolver aos nenos a oportunidade de exercer o seu dereito á educación, a través dunha campaña de dous anos, centrada nas zonas de Gao, Kidal, Mopti, Segou e Tombuctú.
 
·         Oportunidades de formación e materiais de aprendizaxe para máis de 2.000 profesores;
 
·         Kits individuais para estudantes e kits de escola para atender a 100.000 nenos e nenas;
 
·         Actividades para a consolidación da paz para 100.000 estudantes e 10.000 cadernos pequenos promocionando a paz e a non-discriminación para estudantes e as súas comunidades.
 
A campaña vai proporcionar programas de ensino informal e intensivo, incluíndo leccións a través da radio, para os nenos que non van á escola. As escolas serán rehabilitadas e os nenos recibirán formación sobre o perigo da munición sen explotar.
 
Ata 1.4 millóns de nenos - ou máis de 1 de cada 6 - están afectados pola crise en Mali. Preto de 62.000 persoas desprazadas internamente e outras 139.000 buscaron refuxio en países veciños.
 
A pesar das enormes necesidades, os programas de UNICEF no país están en dificultades polo acceso limitado de fondos. A organización de infancia recibiu menos dun terzo dos 37 millóns que necesita para os seus programas de educación, protección, saúde, nutrición, auga, saneamento e hixiene.
 
"O soño de construír un futuro mellor para os nenos de Mali depende da nosa acción agora", di Equiza. "Un mellor acceso humanitario e máis recursos teñen que chegar canto antes para atender a aqueles nenos que sufriron durante tanto tempo. A educación é a súa maior esperanza para o futuro".

Para descargar materiais: http://uni.cf/1IH5NDX

Más información:

Tim Irwin, Oficina Rexional de UNICEF en Dakar, + 221 77 52 91 294, [email protected]

Cindy Cao, UNICEF Malí, +223 78 58 24 35, [email protected]

Najwa Mekki, UNICEF Nova York, +1917 209 1804, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]