Vacunas e inmunización: situación mundial (Vacinas e inmunización: situación mundial)

A presente edición de Vacinas e inmunización: situación mundial céntrase nos grandes adiantos realizados en materia de vacinas e inmunización dende o ano 2000. O informe revela que hoxe en día máis nenos e nenas reciben vacinas que nunca antes na historia.

Os autores do informe fan un chamamento aos doantes internacionais para pór fin á falta de financiamento que deixa a millóns de nenos en perigo fronte a enfermidades que poderían evitarse con campañas de vacinación.

Na parte 1 do informe (capítulos 1 a 5) examínanse as repercusións da inmunización nas actividades encamiñadas a alcanzar os ODM, especialmente o obxectivo de reducir a mortalidade entre os menores de cinco anos.

Analízanse o desenvolvemento e o uso de vacinas e as medidas que se puxeron en pé para velar pola súa inocuidade, a súa eficacia e a súa calidade. Expóñense os progresos realizados e as dificultades para acadar os obxectivos mundiais relacionados coa inmunización, e analízase o custo de aumentar a cobertura de inmunización para acadar eses obxectivos e os esforzos por asegurar que os logros sexan sustentables a longo prazo.

Por último, examínanse cales serán os cambios máis probables no campo da inmunización despois de 2015.

A parte 2 céntrase en máis de 20 enfermidades que poden ser evitadas mediante vacinas e examina os progresos realizados dende 2000 o ano nos esforzos por protexer ás poboacións contra esas enfermidades mediante o uso de vacinas.