Seguimiento del progreso en nutrición maternoinfantil (Seguemento do progreso en nutrición maternoinfantil)

Este informe analiza a situación mundial actual en relación coa malnutrición materna e infantil, revisando os progresos acadados e os retos pendentes. O estudo analiza o modo no que a malnutrición frea as posibilidades de desenvolvemento de nenos, familias e comunidades enteiras, chegando mesmo a causar danos físicos e cognitivos irreversibles.

O informe analiza ademais os perfís dos 24 países con peor taxa de malnutrición e inclúe gráficos e táboas estatísticas. Só dispoñible en inglés.

A malnutrición está detrás de máis dun terzo das cifras de mortalidade de menores de 5 anos. Causa estas mortes ao roubar a forza e saúde de nenos e nenas e provocando que as enfermidades sexan máis daniñas para eles.

A malnutrición ten as súas causas na pobre alimentación e a falta de coidados e agrávase coas enfermidades. Os nenos que sobreviven vense a miúdo atrapados nun ciclo de malnutrición e enfermidade de consecuencias cada vez máis graves, con secuelas irreversibles no desenvolvemento físico e cognitivo de nenos e nenas e efectos a longo prazo no desenvolvemento e saúde dos seus propios fillos. A malnutrición condena a comunidades e rexións enteiras a unha dramática redución do potencial humano.