Report Card nº 11: Benestar infantil nos países ricos

A taxa de pobreza infantil en España é unha das máis altas dos países industrializados, só superada por Letonia, Estados Unidos e Romanía, segundo unestudo sobre benestar infantilrealizado en 29 países pola Oficina de Investigación deUNICEF con datos da primeira década do século XXI. O informe Report Card n.º 11: Benestar infantil nos países ricos mide a situación da infancia nas 29 economías máis avanzadas do mundo de acordo con cinco dimensións clave na vida dos nenos: benestar material, saúde e seguridade, educación, condutas e riscos, e vivenda e medio.