Protecting children on the move

Non importa onde se atopen ou de onde procedan, todos os nenos teñen os mesmos dereitos. É a premisa da que parte este informe sobre acrise de refuxiados e migrantes na Unión Europea (UE), unha crise sen precedentes desde a Segunda Guerra Mundial e unha crise con rostro de neno.
 
No que vai de ano, máis de200.000 nenos pediron asilo na UE e uns700 nenos perderon a vida en augas do marMediterráneo en busca dun lugar seguro e dunha vida mellor.
 
Detrás dos números hainenos con dereitos individuais recollidos naConvención sobre os Dereitos do Neno (CDN), un tratado internacional que compromete a todos os países involucrados na crise migratoria para protexer especialmente aos nenos refuxiados ou que soliciten o estatuto de refuxiado.
 
Nenos que necesitan un lugar onde descansar e asearse, auga e alimentación adecuada para a súa idade, roupa de abrigo, atención sanitaria, aprender, xogar e protección fronte ao abuso, a violencia e a explotación.
 
En UNICEF mantemos o nosocompromiso de apoialos, tanto nos seus países de orixe como fóra deles, centrándonos sobre todo nosgrupos de nenos máis vulnerables: bebés e nenos pequenos, nenos perdidos, nenos separados dos seus pais ou coidadores, nenos e adolescentes non acompañados e nenos que quedan no camiño. Entre as accións que levamos a cabo até o momento, destacamos:
  • A instalación de espazos amigos da infancia en sete centros de recepción e rexistro na ex República Iugoslava de Macedonia, Serbia e Croacia, onde os nenos poden xogar, descansar e recibir apoio psicosocial. Miles de nenos pasaron xa por estes espazos, que foron acondicionados para o inverno con calefactores e chans especiais, así como con roupa de abrigo, calzado e mantas.
  • Nos países de orixe --como Sirya, Iraq ouAfganistán-- e os países veciñosque acollen a millóns de nenos refuxiados e migrantes --comoTurquía, Líbano e Xordania--, estamos a desenvolver unha das operacións humanitarias máis grandes da nosa historia.
  • Nos países industrializados, tanto en ruta como de destino --por exemplo Grecia ou Alemaña--, ofrecemos a nosa axuda aos gobernos e as autoridades para que as súas políticas e procedementos aplíquense sempre tendo en conta ointerese superior do neno e en liña cos estándares internacionais. Así mesmo, insistimos en que necesario un continuo apoio aos esforzos humanitarios e de desenvolvemento nos países dos que foxen.