Propuesta de un sistema de indicadores sobre bienestar infantil en España (Proposta dun sistema de indicadores sobre benestar infantil en España)

Este informe contén unha proposta para desenvolver un sistema de indicadores de benestar infantil a nivel nacional que permita un mellor seguimento dos avances e os desafíos que ten España con respecto a aplicación dos dereitos dos nenos.

O documento contén, ademais da proposta, dous artigos de expertos en indicadores de infancia sobre a necesidade de avanzar na mellora e calidade deses indicadores e de estabelecer criterios tanto de selección como de valoración dos mesmos.

Os indicadores sobre os nenos e adolescentes son na actualidade un dos temas máis relevantes de debate académico e político no ámbito da infancia. Medir da maneira máis adecuada posible cal é a situación dun colectivo de tanta importancia na realidade actual e futura deste país é un desafío concreto que pode contribuír ao logro de varios obxectivos relacionados co benestar da infancia.

UNICEF España e o Observatorio de Infancia do Principado de Asturias publican este informe para contribuír a facer ver e chamar a atención sobre situación dos nenos e as nenas no contexto español e facer un inciso no debate sobre a falta de datos sobre o colectivo infantil.

Outro obxectivo do presente informe é aumentar o coñecemento sobre a situación da infancia entre as persoas con capacidade de decidir sobre a vida dos nenos que viven en España.