Progreso para la Infancia: Un balance sobre la mortalidad materna (Progreso para a infancia: un balance sobre a mortaldade materna)

Dende o ano 2004, a serie Progreso para a Infancia publicou importantes datos e análises sobre os avances do mundo cara ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Co subtítulo "Un balance sobre a mortalidade materna", o número 7 desta serie está centrado na mortalidade materna.

O informe subliña que a taxa de mortes é de 1 por cada 76 mulleres nestes países e que estas mortes son evitables. Segundo os últimos datos obtidos, máis do 99% de todas as defuncións relacionadas coa maternidade suceden nos países en desenvolvemento, e o 84% das mesmas concéntranse en África subsahariana e Asia meridional.

Os niveis de mortalidade materna case sempre reflicten o nivel xeral dos sistemas de saúde dos países, particularmente durante o parto e o período post-natal, cando as nais e os seus bebés son máis vulnerables.

Para solucionar esta grave situación, é preciso ampliar o alcance dos servizos dirixidos ás nais e os nenos, tendo en conta a interdependencia que existe entre a saúde das nais e a dos seus fillos recentemente nados.