Progreso para la Infancia nº9: Lograr los Objetivos de Desarrollo del Milenio con equidad (Progreso para a Infancia nº9: Lograr os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio con equidade)

Progreso para a infancia: Lograr os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio con equidade, achega probas dos logros acadados até a data, aínda que tamén revela as claras disparidades (nalgúns casos cada vez máis pronunciadas) que teremos que abordar se queremos lograr un progreso máis sustentable e máis equitativo cara aos ODM e máis aló.

Esperamos que conforme leas este informe e o progreso ao que alude, lembres que detrás de cada estatística está a vida dun neno ou unha nena. Vidas valiosas, únicas e dotadas de dereitos que nos comprometemos a protexer.