O Sur de Asia en acción: previr e responder ao tráfico infantil (South Asia in Action: Preventing and responding to child trafficking)

Este informe da serie Innocenti Insight realiza unha análise da situación legal dalgúns dos países do sur de Asia onde existe tráfico e explotación de menores. Aínda que algúns países realizaron progresos no estabelecemento de políticas de protección á infancia, os baleiros legais dan en moitos casos lugar a unha maior victimización dos nenos e nenas que sufriron esta trata.

O informe revela que o marco legal debe ser fortalecido para protexer aos nenos que sufriron tráfico. O tráfico de menores é unha forma de tráfico inadecuadamente abordada dende un punto de vista xurídico, xa que estes nenos adoitan ser considerados como inmigrantes sen papeis, delincuentes xuvenís ou menores non acompañados. Os nenos e nenas do sur de Asia continúan padecendo un tráfico orientado a:

  • a súa explotación sexual (incluíndo prostitución, turismo sexual, pornografía infantil e pedofilia)
  • a súa explotación laboral na agricultura, en fábricas ou como traballadores domésticos,
  • a mendicidade, os matrimonios forzados, a adopción internacional, o recrutamento militar e o pago de débedas.

--(Este informe só se atopa dispoñible en inglés)—