O alumnado xitano en Secundaria: un estudo comparado

O informe O alumnado xitano en Secundaria: un estudo comparado foi elaborado pola Fundación Secretariado Xitano (FSG) en colaboración con UNICEF Comité Español, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

O estudo, elaborado a partir de 1.600 entrevistas, destaca que, malia que houbo avances nos últimos 30 anos --como a escolarización xeneralizada das nenas e nenos xitanos e unha visión máis positiva da educación e da escola por parte da comunidade xitana-- que posibilitaron que se estean a alcanzar mellores niveis de estudo, aínda queda moito camiño por percorrer para garantir a igualdade.