Ni ilegales ni invisibles: Resumen UNICEF (Nin ilegais nin invisibles: resumo UNICEF)

Dende UNICEF España decidimos envorcar os nosos esforzos en velar polos dereitos dos nenos e nenas que, dun modo ou outro, se viron afectados por un proceso migratorio, ben porque os seus pais son estranxeiros, ben porque foron eles mesmos os que viaxaron dende o seu lugar de orixe, acompañados ou non pola súa familia.

Todo iso, nun contexto particularmente relevante, no que comezaron xa os traballos parlamentarios para reformar a Lei de Estranxeiría e apenas uns meses antes de que o Comité dos Dereitos do Neno emita un novo informe sobre o cumprimento da Convención en España.

Dende UNICEF esperamos que este traballo sirva para considerar algunhas cuestións fundamentais en ambos os procesos, contribuíndo con propostas concretas que poidan traducirse en melloras tanxibles na situación dos menores estranxeiros.