Memoria e contas anuais 2007

A UNICEF España publica cada ano a súa memoria de actividades, na que fai un resumo do traballo realizado e os logros acadados durante o ano.

En 2007, traballamos en España para fortalecer a nosa presenza social, impulsar o labor de UNICEF na consecución dos Obxectivos do Milenio e reforzar os principios e valores que marcan a súa actuación en todo o mundo.

A memoria de UNICEF España 2007 inclúe información sobre os proxectos financiados polo Comité e un resumo da xestión económica, incluíndo os ingresos obtidos e o destino dos seus fondos.