Memoria anual UNICEF-Comité Español 2008

A memoria anual de UNICEF-Comité español resume as actividades que realizou a organización durante o último ano, incluíndo as cifras da xestión económica do ano.

O 2008 foi un ano marcado pola crise financeira e o aumento do prezo dos alimentos e os combustibles, pero tamén convén destacar algúns dos avances na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio: diminuíu a mortalidade infantil, aumentou o número de nenos escolarizados e rexistráronse notables avances na loita contra a SIDA.