Memoria Anual 2012 de UNICEF España

Tal e como destaca a presidenta de UNICEF Comité Español, Consuelo Crespo: "Este documento conta experiencias concretas e resultados como os máis de dous millóns de nenos que foron tratados contra a desnutrición, salvando as súas vidas porque tiveron acceso ao tratamento que necesitaban,".

UNICEF España explica nesta Memoria o traballo realizado grazas ás achegas de socios, doadores e colaboradores, institucións públicas e privadas.


"Grazas a socios e doadores, o ano pasado conseguimos 42,4 millóns de euros que contribuíron ao traballo de UNICEF en máis de 150 países en desenvolvemento, a través de programas que logran cambios reais na vida dos nenos e que perseguen socavar as causas de raíz que manteñen millóns de familias atrapadas na pobreza extrema", agrega Consuelo Crespo.


UNICEF Comité Español foi en 2012 o décimo comité en achega de fondos a UNICEF, a maior parte con destino aos Recursos Regulares (RR). Os RR son fondos que non teñen un destino xeográfico ou unha temática fixada, e UNICEF pódeos utilizar, sen restricións, naqueles lugares ou programas que os nenos necesitan máis en cada momento.


Os recursos de UNICEF Comité Español proveñen das contribucións voluntarias, tanto de cidadáns coma do sector privado e as administracións públicas. Os ingresos de UNICEF Comité Español en 2012 ascenderon a 57.994.164 euros. Destes fondos, a maior parte (92,5%) procede do sector privado (socios, doadores e empresas) e o 7,5% das administracións públicas (gobernos autonómicos, provinciais e locais).

A Memoria Anual 2012 de UNICEF Comité Español recolle o traballo e osresultados pola infancia obtidos en 2012 pola organización, en colaboración con socios, doadores e colaboradores, institucións públicas e privadas.