La infancia en peligro: Haiti (A infancia en perigo: Haiti)

 

A infancia en perigo é unha serie de resumos informativos que presenta os problemas básicos para a infancia nun determinado lugar en crise, nun momento dado.

Neste caso, o informe centrouse en Haití, porque neste país rexístranse as taxas de mortalidade de menores de cinco anos máis elevadas do hemisferio occidental.

En ningún outro país de América Latina e o Caribe (e soamente nuns cuantos países do mundo en desenvolvemento fóra de África subsahariana) ten un neno ou nena máis probabilidades de morrer entre o primeiro e o cuarto ano de vida que en Haití.

O documento estuda que pode facer o novo goberno democraticamente elixido para cambiar esta situación co apoio da comunidade internacional. A recente elección presidencial ofrece novas esperanzas de que a desesperada situación dos nenos e nenas de Haití, abandonados durante tanto tempo á súa sorte, poida comezar a cambiar, pero soamente se poderá conseguir tomando medidas conxuntas dende xa, que será preciso manter nos próximos anos.