Informe 'Por unha recuperación con rostro humano'

O ensino principal é que as políticas de control presupostario que teñen en conta de forma explícita as necesidades en materia de saúde, nutrición, educación, emprego e vivenda dignos dos grupos de poboación máis vulnerables, serán máis axeitadas para protexer e promover o benestar humano que aqueles plans que ignoran ou consideran de forma secundaria ou residual estas necesidades básicas.

A experiencia acumulada por UNICEF ao longo das tres últimas décadas, mediante análise de situación e propostas políticas para afrontar as sucesivas crises económicas mundiais, permítelle achegar un sólido conxunto de leccións aprendidas, baseadas en evidencias contrastadas e en recomendacións políticas viables.