Informe Anual de UNICEF 2006

Este informe de 2006 destaca os logros acadados en nome dos nenos e as nenas do mundo. Tamén demostra que a determinación, a responsabilidade, as alianzas sólidas e os investimentos sensatos poden comezar a producir efectos positivos e a xerar modelos para un desenvolvemento sustentable.

UNICEF está gobernado por unha Xunta Executiva composta por 36 membros, órgano intergobernamental que estabelece políticas, aproba programas e adopta decisións sobre plans administrativos, plans financeiros e orzamentos. Os membros son elixidos polo Consello Económico e Social das Nacións Unidas e normalmente teñen mandatos de tres anos.