Improving Child Nutrition. The achievable imperative for global progress

A desnutrición crónica e outras formas de desnutrición redúcense a través dunha serie de pasos simples e comprobados, como a mellora da nutrición das mulleres, a lactación materna temperá e exclusiva, a subministración de vitaminas e minerais, así como a alimentación axeitada.

A desnutrición crónica infantil pódese combater. Adesnutrición crónica provoca atraso no crecementoe indica unha carencia dos nutrientes necesarios durante un tempo prolongado. Non é só cuestión de baixa estatura, senón que tamén pode implicar atraso no desenvolvemento do cerebro e da capacidade cognitiva ademais de aumentar o risco de contraer enfermidades.