Iemen: a infancia baixo ameaza

En Iemen case 10 millóns de nenos necesitan asistencia humanitaria.

O informe, que forma parte da serie de UNICEF Child Alert (que advirte dos retos que afrontan os nenos en situacións concretas de crise), destaca que case 2 millóns de nenos sufrirán algún tipo de desnutrición a final de ano ou que 15,2 millóns de persoas non teñen acceso a atención sanitaria básica.

Cada día 8 nenos son asasinados ou mutilados en Iemen debido ao conflito. O informe Iemen: a infancia baixo ameaza revela que dende a intensificación da violencia no país hai catro meses, máis de 1.000 nenos morreron ou resultado feridos.