Folleto sobre Herdanzas e Legados

Incluíndo a UNICEF no teu testamento, UNICEF pode continuar o seu traballo en máis de 150 países e territorios, logrando melloras sanitarias, educativas e de protección na vida dos nenos e as súas comunidades. Calquera achega, por pequena que sexa, marcará a diferenza.

Sabías que cada vez son máis as persoas que colaboran estendendo a súa xenerosidade a futuras xeracións?

Neste folleto mostrámoste de forma sinxela como colaborar para protexer os dereitos da infancia a través da cesión a UNICEF dun legado ou dunha parte da túa herdanza. Desta forma, podemos estender a túa solidariedade a futuras xeracións e lograr un mundo mellor para os nenos, as súas familias, comunidades e países.