Estado Mundial da Infancia 2015. Imaxinar o futuro: Innovación para todos os nenos e nenas

En todo o mundo, unha revolución da innovación en favor da infancia está a crecer... a miúdo nos lugares máis inesperados... e está cada vez máis dirixida polos propios nenos.

Nos estudos de deseño de tecnoloxía e nos laboratorios universitarios, nas organizacións do desenvolvemento e nas empresas, nas cociñas e os centros comunitarios están a xurdir novas formas de resolver os problemas, impulsadas pola creatividade, a capacidade de conectar e a colaboración.

Para conmemorar o 25º aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, o Estado Mundial da Infancia destaca o labor de innovadores novos notables que xa está a reinventar o futuro, e invita ao mundo a unirse a este movemento en ascenso para impulsar os dereitos dos nenos.