Agora non podemos parar. Razóns para reconstruír a Cooperación Española

O informe Agora non podemos parar analiza a evolución recente da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) española e presenta unha serie de recomendacións para reconstruír de xeito lento, pero eficaz, un sistema que se encontra en serio perigo. Entre 2010 e 2012, a AOD caeu un 67%, poñendo fin a programas que lograron cambios reais nas vidas de millóns de nenos e nenas.

A través dunha serie de estudos de caso realizados ao longo dos dous últimos anos, ilustramos casos de éxito nos que a AOD española transformou realidades devastadas pola pobreza e salvou as vidas de millóns de nenos e nenas. Este informe recupera estes estudos e alerta de que a caída da AOD pon en perigo os logros conseguidos ata agora.