Abrindo ventás: Infancia, adolescencia e familias inmigradas en situacións de risco social

O obxectivo principal desta publicación é expoñer as diferentes situacións de risco social que se desenvolven entre o colectivo dos fillos e fillas das familias inmigradas dende a óptica dos profesionais da acción social, exemplificándoo con relatos de vida de mozos de familias inmigradas. O estudo e o coñecemento dos factores de risco e dos factores de protección nestes novos colectivos sociais é un paso fundamental para articular ferramentas e dispositivos axeitados para a detección de necesidades e a prevención de situacións de risco entre estes rapaces/zas e mozos inmigrantes e para orientar, de forma aplicada, ás administracións, as institucións e os profesionais que están en contacto con este colectivo.

as autoras

Violeta Quiroga Raimúndez é Doutora en Antropoloxía Social e Diplomada en Traballo Social. Experta en infancia e adolescencia en risco social, principalmente en contextos migratorios. Actualmente é profesora do Departamento de Traballo Social e Servizos Sociais da Universidade de Barcelona, e directora e investigadora do proxecto europeo "YouthME. Xuventude e migración en Europa" na Fundación Pere Tarrés de la Universidad Ramon Llull.

Ariadna Alonso Segura é antropóloga social e traballou en programas de intervención socioeducativa con colectivos de inmigrantes, principalmente mozos en risco social. Dende 2003 participa como investigadora no Grupo de investigación IFAM da Universidade Ramon Llull, centrándose en temas sobre infancia e xuventude en contextos migratorios en risco social. Actualmente é coordinadora e investigadora-educadora no proxecto europeo "YouthME. Xuventude e migración en Europa" na Fundación Pere Tarrés de la Universidad Ramon Llull.

Índice de contidos

Agradecementos

1. Introdución

2. Metodoloxía

3. Menores de familias inmigradas en cifras

4. Ámbitos de risco social. Dende a óptica dos profesionais da acción social

5. Relatos de vida

6. Orientacións e recomendacións

Anexos

Bibliografía

Este informe foi elaborado polo equipo de investigación IFAM (Infancia e adolescencia en ambientes multiculturais) da Fundación Pere Tarrés - Universidade Ramón Llull, en colaboración con UNICEF España.