Varias experiencias demostran que a tecnoloxía e a innovación axudan a que máis nenas vaian á escola

Día Internacional da Nena

Na conmemoración do segundo Día Internacional da Nena, UNICEF quere destacar o poder da innovación para lograr que cada vez máis nenas vaian á escola e para mellorar a calidade do ensino para todos os nenos en xeral.

A pesar do aumento no número de nenas que van á escola, aínda quedan moitas no mundo ás cales se lles nega un ensino de calidade e a posibilidade de alcanzar o seu pleno potencial. A experiencia demostra que mesmo un só ano de escola secundaria representa para unha nena polo menos un 25% de aumento no seu salario cando se converta en traballadora. Pero millóns de nenas seguen estando hoxe en día fóra da escola, incluída 31 millóns de nenas en idade de asistir a primaria. "A educación pode transformar as vidas das nenas e fortalecer as súas comunidades", dixo Anthony Lake, director executivo de UNICEF. "A innovación pode axudarnos a chegar a todas as nenas, transformando a educación,". Xunto aos seus aliados, UNICEF está a explorar fórmulas polas que a tecnoloxía poida contribuír a aumentar o acceso das nenas ao ensino e mellorar a calidade da aprendizaxe para todos os nenos en xeral. Xa existen experiencias que demostran que as novas tecnoloxías poden xogar un papel destacado neste ámbito. En Sudáfrica, a alianza TechnoGirls, na que participan UNICEF, o goberno e máis de 100 empresas do sector privado, vinculou 10.000 rapazas adolescentes con mentores do sector tecnolóxico para impulsar as súas aptitudes e a súa preparación para un futuro traballo. A innovación tamén está a axudar aos gobernos e os seus aliados a chegar aos nenos máis illados, que son os que corren maior risco de non poder ir á escola. En Uganda, EduTrack utiliza mensaxes de texto para conectar os estudantes e as escolas con UNICEF, permitíndolles informar sobre a súa aprendizaxe, a calidade dos seus mestres e a violencia nas escolas.

A innovación non se limita á tecnoloxía. Tamén pode significar abordar novos métodos para superar outros obstáculos que impiden ás nenas acudir á escola, como a mellora das instalacións de saneamento e mellorar a seguridade das nenas no seu traxecto de casa á escola. "A innovación ofrécenos novos instrumentos poderosos para chegar e educar un número maior de nenas", dixo Lake. "Para axudar a máis nenas a ir á escola, a permanecer na escola e a completar a súa aprendizaxe, temos que seguir aprendendo nós mesmos, utilizando estes novos instrumentos, xerando novas ideas e ampliando a escala das innovacións máis prometedoras".

Nota a os editores:

UNICEF organizou varias actividades con motivo do Día Internacional da Nena. Entre elas, un encontro Google Hangout con estudantes na International School of Brooklyn, e unha análise de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, sobre a educación das nenas; así como a presentación dun taboleiro de anuncios interactivo realizado pola galardoada actriz Freida Pinto, que permite aos usuariosborrar a imaxe duns traballadores infantís nunha fábrica, e facer visible unha imaxe oculta de estudantes nunha aula.

Xunto a Intel, UNICEF levou a cabo un Code for Good Hackathon, unha actividade que reuniu estudantes da Universidade de Stanforde da Contra Costa Community Collegenun maratón de codificación de 24 horas para descubrir novas formas de aumentar o acceso das nenas de Sudán do Sur a unha educación de calidade. O Laboratorio de Innovación de UNICEF en Sudán do Sur formulou a necesidade de buscar solucións, xa que soamente 800 nenas en todo o país chegaron ao último grao de ensino secundario.UNICEF emitiu un video da cantante e compositora Katy Perry, concibido para o segundo Día Internacional da Nena. Este ano, o día céntrase na innovación para a educación das nenas. Vídeo de Katy Perry: http://youtu.be/bn5BSuaN2SU

Video sobre o Día Internacional da Nena: http://youtu.be/NMNHyB_26-Y

Para descargar fotos, vídeos e outros materiais:  http://weshare.unicef.org/mediaresources

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]