UNICEF/UNFPA: Unha nova iniciativa protexerá a millóns de nenas do matrimonio infantil

Unha nova iniciativa apoiada por varios países acelerará as actuacións para terminar co matrimonio infantil, co obxectivo de protexer os dereitos de millóns das nenas máis vulnerables do mundo. Así o afirmaron UNICEF e o Fondo de Poboación das Nacións Unidas (UNFPA, polas súas siglas en inglés) con motivo do Día Internacional da Muller. 

O Programa Mundial de UNFPA e UNICEF para Acelerar as Accións para Terminar co Matrimonio Infantil, anunciado hoxe, involucrará ás familias, as comunidades, os gobernos e os mozos. Forma parte dun esforzo global para evitar que as nenas casen demasiado novas e para dar apoio ás nenas que xa están casadas en 12 países de África, Asia e Oriente Medio, onde as taxas de matrimonio infantil son altas.
 
"Elixir cando e con quen che vas a casar é unha das decisións máis importantes na vida. O matrimonio infantil impide a millóns de nenas cada ano tomar esa decisión", dixo Babatunde Osotimehin, director executivo de UNFPA. "Como parte deste programa mundial traballaremos cos gobernos dos países onde hai unha alta prevalencia do matrimonio infantil para defender os dereitos das adolescentes, e que así as nenas poidan alcanzar o seu pleno desenvolvemento e os países cumprir os seus obxectivos de desenvolvemento social e económico".
 
Este novo programa centrarase en cinco estratexias eficaces, como aumentar o acceso das nenas á educación, formar aos pais e as comunidades acerca dos perigos do matrimonio infantil, aumentar o apoio económico ás familias e reforzar e aplicar as leis que establecen os 18 anos como a idade mínima para casar. 
 
"O mundo abriu os ollos ante o dano que o matrimonio infantil causa nas nenas, nos seus futuros fillos e nas súas sociedades", dixo o director executivo de UNICEF, Anthony Lake. ?Este novo programa contribuirá a impulsar accións para chegar ás nenas que estean en maior risco, e axudará a máis nenas e mulleres novas a comprender o seu dereito para impoñer o seu propio destino. Isto é fundamental agora, porque se continúan as tendencias actuais o número de nenas e mulleres casadas na súa infancia achegarase aos mil millóns en 2030 ?mil millóns de infancias perdidas, mil millóns de futuros truncados".
 
O matrimonio infantil supón unha violación dos dereitos das nenas e as mulleres. As nenas que casan durante a súa infancia son máis propensas a deixar a escola, sufrir violencia doméstica, contraer o VIH/SIDA e morrer debido a complicacións no embarazo e o parto. Ademais o matrimonio infantil dana as economías e leva a ciclos interxeracionais de pobreza.
 
A comunidade mundial ha mostrado o seu forte compromiso para terminar co matrimonio infantil, mediante a inclusión nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da meta de eliminar esta e outras prácticas daniñas. UNICEF e UNFPA fan un chamamento aos seus aliados e aos gobernos para que se somen a este novo programa mundial que axude a eliminar o matrimonio infantil para 2030.
 
O Programa Mundial de UNFPA e UNICEF para Acelerar as Accións para Terminar co Matrimonio Infantil está apoiado por Canadá, a Unión Europea, Italia, Holanda e Reino Unido.

Para descargar material audiovisual:

Fotos: http://uni.cf/1R1p80u

Vídeos: ftp://video.unicef.es/mujer_trabajadora/videos/

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]

Eddie Wright, UNFPA Nova York, + 1 212 297 2717, [email protected]