UNICEF urxe protexer 600.000 nenos afectados polo conflito en República Centroafricana

Aínda que só se recibiu o 1% dos fondos solicitados para este país, UNICEF distribuíu este ano 70 toneladas de materiais de emerxencia.

As vidas de 600.000 nenos de República Centroafricana estanse a ver seriamente afectadas polo conflito que está a ter lugar en todo o país, advertiu UNICEF. A axencia pediu a todas as partes que abandonen as armas e garantan o benestar dos nenos.

Aínda que a ONU, incluíndoUNICEF, recolocou temporalmente o seu persoal non esencial en Camerún debido á ocupación dos grupos rebeldes, máis de 60 traballadores de UNICEF seguen traballando dentro do país para distribuír subministracións aos nenos. Os desafíos son enormes. O bloqueo das estradas, a presenza de grupos armados, e o potencial risco de roubo e agresións están a impedir a distribución a grande escala de materiais. Mesmo antes de que comezase o conflito, estimábase que uns 13.500 nenos sufrirían desnutrición, poñendo en perigo as súas vidas. A maioría dos médicos fóronse e moitos centros de nutrición están pechados ou foron saqueados. Nos últimos tres meses, os servizos básicos de saúde, nutrición e educación foron interrompidos na maior parte das comunidades controladas polos rebeldes. Durante as visitas realizadas porUNICEF a Kaga-Bandoro, Bossangoa e Bambari a principios deste mes, detectouse que faltan medicamentos vitais nestes tres pobos. Debido ao peche ou ocupación de escolas, e á fuxida de profesores, polo menos 166.000 nenos non teñen acceso a educación.

Outros riscos importantes para os nenos son o perigo de ser recrutados por parte de grupos armados e a violencia de xénero. Os máis vulnerables son os nenos que perderon os seus fogares, aqueles que foron separados das súas familias, ou que tiñan vínculos antes do conflito cos grupos armados. Mesmo antes do conflito actual, UNICEF calculaba que uns 2.500 nenos e nenas estaban vinculados a grupos armados na República Centroafricana. Dende xaneiro, UNICEF subministrou máis de 70 toneladas métricas de materiais como medicamentos, comprimidos potabilizadoras de auga, alimentos terapéuticos, utensilios de cociña, lonas, mosquiteiras e outros artigos de primeira necesidade.UNICEF solicitou 11,1 millóns de dólares (8,66 millóns de euros) para dar apoio vital ás familias afectadas polo conflito. Antes do inicio da crise, as axencias humanitarias fixeron un chamamento de 129 millóns de dólares (100,68 millóns de euros) para axuda de emerxencia en 2013, pero só se recibiu o 1 por cento destes fondos urxentes.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, 609 160 051 - [email protected]